Concello de Taboadela

Concello de Taboadela

A Praza, s/n
32690  Taboadela
Ourense

Tel.: 988439315
Fax: 988439312
Web: www.taboadela.es
e-Mail: info@taboadela.es


O concello de Taboadela componse de 41 núcleos de poboación agrupados en seis parroquias. Ten unha extensión de 25,20 km2 e conta actualmente cunha poboación de 1.680 habitantes do que resulta unha densidade de 67 habitantes por km2.
Xeograficamente a maior parte do territorio municipal exténdese polo val da Rabeda. A rede fluvial está marcada polo paso do Barbaña ao norte do concello. Taboadela está situada tan so a 12 km da cidade de Ourense o que é determinante na súa evolución económica e demográfica.
Na zona existen interesantes achádegos romanos, como as calzadas que cruzan as parroquias de San Miguel ou de Santiago ou os restos dunha fábrica de ladrillo en A Petada. Destaca tamén a torre dun antigo castelo medieval na parroquia de Torán.


Destaca por:
- Camiño de Santiago. Vía da Prata.
- Calzadas e fábrica de ladrillo romanas.
- Torre medieval de Santa María de Torán