Concello de Rairiz de Veiga

Concello de Rairiz de Veiga

Praza do Concello, 4
32652  Rairiz de Veiga
Ourense

Tel.: 988465552
Fax: 988465551
Web: www.rairizdeveiga.es
e-Mail: concello.rairizdeveiga@eidolocal.es


O concello de Rairiz de Veiga ten unha extensión de 72,10 km2 e conta actualmente cunha poboación de 1.732 habitantes do que resulta unha densidade de poboación de 24 habitantes por km2.
Xeograficamente caracterízase por ter unha zona de chaira onde se atopan as Veigas, reduto da paisaxe anterior ao desecamento da lagoa de Antela, e outra máis arbolada na ladeira da montaña, onde destacan impresionantes soutos de castiñeiros.


Destaca por:
- 2005 Declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO.
- As Veigas de Ponteliñares incluídas dentro da Rede Natura 2000.
- Romaría da Saínza declarada de Interés Turístico Galego.
- "A Carballa da Saínza" declarada monumento natural.