Concello de Allariz

Concello de Allariz

Praza Maior 1
32660  Allariz
Ourense

Tel.: 988440001
Fax: 988440078
Web: www.allariz.com
e-Mail: informacion@allariz.com


O concello de Allariz sitúase na metade occidental da provincia de Ourense, ocupando unha extensión de 86 km²e pola que se espallan 87 núcleos de poboación agrupados en 16 parroquias. Conta cunha poboación de 5.506 habitantes o que da unha densidade de 64 habitantes por k2.

O monte Penamá, con 927 metros de altitude, é o punto máis elevado do municipio. A rede hidrográfica xira en torno ao río Arnoia, de 87 km de lonxitude, que atravesa o municipio de leste a oeste.
O conxunto urbano de Allariz resulta de especial interese dentro de Galicia sendo merecedor en 1971 da declaración de Conxunto Histórico-Artístico.


Destaca por:
- En 1971 foi declarado Conxunto Histórico-Artístico
- En 1994 recibe o Premio Europeo de Urbanismo
- En 2005 foi declarada Reserva da Biosfera