Concello de Xunqueira de Espadañedo

Concello de Xunqueira de Espadañedo

Praza dos Amigos s/n
32730  Xunqueira de Espadanedo
Ourense

Tel.: 988291001
Fax: 988291046
Web:
e-Mail:


O concello de Xunqueira de Espadanedo ten unha poboación de 1.002 habitantes repartidos en varios núcleos de poboación, cunha densidade de 36 habitantes por km2. O terreo é desigual participando do monte na súa parte oriental, coa Serra de Meda, e da chaira ao suroesre, onde se atopan as terras de labor. O río Maceda, que antes ten o nome de Niñodaguia, xunto con outros regatos baixan da serra para unirse ao Arnoia. O principal sinal de identidade do municipio é o Mosteiro de Santa María, fundado no século XII, e que pertence a rede de mosteiros da Ribeira Sacra. A zona ten unha grande tradición alfareira destacando a cerámica de Niñodaguia.


Destaca por:
- Ribeira Sacra.
- Mosteiro de Santa María. Declarado Monumento histórico-artístico no 1981.
- Alfarería de Niñodaguia.