[ inicio ]
AVINZA
LEADER
AXUDAS
O TERRITORIO
ACTUALIDADE
LIGAZÓNS
CONTACTAR
Actualidade
Novas da Asociación
Axenda
Actualidade » Novas da Asociación
Actualidade » Novas da Asociación
11/05/2012
O Cabazal da Casa Lomberte.
Así foi como bautizaron os alumnos do curso de Aptitude Agraria seu eido no centro de Allariz onde teñen sementados: tomates, cebolas, cogombros, fabas ou feixóns, pero tamén aromáticas ou prantas mediciñais.
11/05/2012
Compromiso feminino ante os novos tempos, título da ponencia de Teresa Moure.
O próximo mércores 16 de maio ás 20:00h o Foro La Región trae a Allariz, en colaboración co Concello e Avinza GDR 15, a conferencia desta escritora e profesora universitaria. A conferencia estará precedida por unha lectura de textos na praza do concello para homenaxear a Valentín Paz Andrade, a quen está adicado este ano o Día das Letras Galegas.
10/05/2012
Avinza celebra o Día das Letras Galegas coa entrega do libro Que ves no rural?
Durante esta semana Avinza ven de distribuir nos colexos de educación primaria e as escolas infantís dos dez concellos do seu territorio un libro para nenos inspirado no desenvolvemento rural. O libro será entregado aos nenos polos seus mestres a próxima semana, coincidindo co Día das Letras Galegas.
24/04/2012
Reunión de traballo do proxecto AMBI-EMPLÉAte.
Este xoves día 26 de abril terá lugar unha reunión de traballo do proxecto AMBI-EMPLÉAte na sede do socio portugués CORANE, en Bragança.
24/04/2012
Convocatoria das subvencións a Proxectos Dinamizadores de AGADER.
Resolución do 9 de abril de 2012 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia promovidos polos concellos e mancomunidades de concellos, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria para o período 2012-2013.
24/04/2012
Por que arde Galicia? no foro La Región.
Ao redor dos incendios forestais que asolan Galicia cada ano xirará este debate que se celebrará o mércores 25 de abril ás 18:30 no Salón de Graos do Edificio Xurídico Empresarial do Campus de Ourense.
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
»
AVINZA GDR15 | Rúa do Portelo 4 32660 ALLARIZ (Ourense) | Tlf. 988442535 Fax 988442362 info@avinza-gdr15.com |
Aviso Legal