O concello de Allariz puxo en marcha, durante o ano 2012, a posta en valor do Castro de Armea, iniciativa apoiada por Avinza GDR 15 a través das axudas LEADER 2007/2013.
As novas escavacións do recinto do castro e da plataforma da Atalaia permítennos descobrir os valiosos achados castrexos que hai na zona: espazos habitacionais, adros porticados, rúas pavimentadas...
Dende Santa Mariña de Augas Santas podemos facer un roteiro sinalizado que, partindo da aldea percorre os pozos da santa, a inacabada basílica románica da Ascensión, o forno da santa, a pedra Formosa, o castro, a plataforma da Atalaia e finalmente o monte do Señoriño,
Se precisa de máis información dispón de un tríptico que pode vostede, descargar, consultar ou imprimir.
|