[ inicio ]
AVINZA        LEADER        AXUDAS        O TERRITORIO        ACTUALIDADE        LIGAZÓNS        CONTACTAR
 

PROXECTO COOPERACIÓN JÓVENES RURALES

PROXECTO COOPERACIÓN JÓVENES RURALES » COMO ASOCIARSE? Pasos a seguir.
 
COMO ASOCIARSE? Pasos a seguir.

COMO ASOCIARSE?

Formar parte dunha asociación xa existente:

Seguramente na túa vila haxa asociacións de distinto tipo: algunhas deportivas as que une a práctica dun determinado deporte; culturais, que organizan actividades relacionadas co teatro, a música, etc; veciñais, que intentan dinamizar un barrio ou unha aldea organizando actividades; busca o que máis che interese, únete e participa.

Para pertencer a unha asociación podes informarte das que funcionan na túa contorna e pasar a formar parte dunha delas. Normalmente só terás que aportar os teus datos e pasarás a engrosar a súa lista de socios, dependendo do seu carácter e funcionamento interno, podes ter que pagar unha cota mensual ou anual que teñan establecida. Deberán informarte de cales son as túas condicións como socio e que actividades e iniciativas levan a cabo, como, cando e onde se reúnen e cales son os cargos electos que xestionan o seu día a día.

Formar unha nova asociación:

Se, polo contrario, na vosa zona non hai unha asociación que cubra as vosas inquedanzas e queredes formar unha nova tedes que seguir estes pasos para fundala formalmente. Os trámites poden asustar un pouco pero non é difícil ademais podedes contar coa axuda e asesoramento de Avinza GDR 15 para que vos acompañemos e asesoremos na fundación da vosa nova asociáción.

Para a constitución dunha asociación é preciso un mínimo de tres persoas: o presidente, o secretario e o tesoureiro. Pode haber máis cargos, como vocais, vicepresidentes, vicesecretarios. Estes deben reunirse e perfilar como queren que sexa a asociación, cal vai ser o seu eido de actuación e cal o seu público obxectivo. Dependendo destes factores a entidade tomará unha forma ou outra.

Os documentos básicos para comezar a funcionar son, por tanto: a acta constitucional e os estatutos.

1.1-Acta Constitucional

Rexistra o lugar, a data e os presentes que se reúnen para fundar a asociación, con todos os seus datos persoais. Nesta acta deben constar os cargos elixidos para o goberno da asociación, que serán os abaixo asinantes.

1.2-Estatutos

Os estatutos son as normas básicas que van regular o funcionamento da asociación. Quen pode pertencer, como se asociar, quen pode dirixila, como debe ser elixido, cales son os obxectivos, cal o tipo de actividade que se pretende promover... Tamén recolle o sistema de financiamento, o patrimonio inicial e o modo de modificación dos estatutos e disolución.

Compre lembrar unha cousa: as asociacións xuvenís están formadas por membros de entre 14 e 30 anos. Se un dos membros da directiva superase esa idade os estatutos serán impugnados e a asociación no poderá ser inscrita.

1.3-Inscripción no rexistro xeral. Taxas

Coa asociación constituída o seguinte paso é darse de alta no Rexistro Central de Asociacións, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. A documentación presentada xunto coa solicitude  debe ser a orixinal xunto cunha copia. Ámbolos dous exemplaren deben levar as sinaturas nas marxes de todos aqueles membros que participaran na fundación da asociación para que sexan válidos. Tamén deberán estar pagadas as taxas de inscrición. O prazo de resolución é de tres meses.

1.4- Rexistro na Facenda e Consecución do CIF

Unha vez redactados os estatutos e asinada a acta de constitución o seguinte é obter o número do CIF dando de alta á asociación en Hacienda. Unha vez rexistrada na Axencia Tributaria o seguinte paso é abrir unha conta bancaria. De preferencia en caixas por non pedir xuros.

Documentación para obter o CIF:

-A copia dos Estatutos e a copia da Acta Fundacional que nos devolveu o Rexistro de Asociacións (debidamente selados).

-Levar o modelo 036 debidamente cuberto e asinado.

(Opcional: Pedir a EXENCIÓN DO IVE. Esto non é obrigatorio. A exención do pago do IVE pídese en base á Lei 37/1992 de 28 de decembro do IVA (artigo 2º).)

Con esto xa temos un CIF e a Asociación xa pode comezar a súa actividade.

1.5-Documentos internos: Actas, Modificacións, Contas...

Unha vez constituída e rexistrada a asociación, das sucesivas asembleas poden xurdir modificacións estatutarias. Igualmente para o normal funcionamento da asociación será preciso levar ao día as resolucións das asembleas, as actas  así como a contabilidade.

Información extraída de

http://xuventude.xunta.es/asociacionismo.html  onde poderás atopar modelos para a acta fundacional, estatutos, impreso para as taxas, a inscrición no rexistro de asociacións, rexistro para o CIF, etc.

 

 

 

 

 

 

 

 

 




LEADER 2014-2020

CONGRESO MEDIO RURAL, INNOVACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS.

I Concurso Fotográfico e de Curtas

JÓVENES RURALES

Que ves no rural?

GEOPUEBLOS

Mercado da Reserva da Biosfera

Axudas Leader

Proxectos LEADER

Cursos Realizados no Grupo AVINZA GDR-15

Actualidade do Grupo

Coñece o Territorio AVINZA

Videos e Imaxes

Xornadas Despoboamento Rural

Proxecto de cooperación AMBIEMPLÉAte.

AVINZA GDR15   |   Rúa do Portelo 4 32660 ALLARIZ (Ourense)   |   Tlf. 988442535  Fax 988442362  info@avinza-gdr15.com   |   Aviso Legal
Organismos Oficiais Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Leader Galicia 2007-2013 Consellería de Medio Rural Ministerio de Medio Ambiente... FEADER