QUE SIGNIFICA ASOCIARSE?
Asociarse significa unir esforzos para levar a cabo un fin común, realizar unha actividade colectiva de forma estable baixo unha organización democrática e sen ánimo de lucro, de forma independente (a lo menos formalmente) do Estado, os partidos políticos e as empresas.
O dereito á asociación ven recollido no artigo 22 da Constitución, constitúe un fenómeno sociolóxico e político como tendencia natural das persoas e como instrumento de participación. Consecuentemente, asociarse é o exercicio dun dereito fundamental considerado ademais como unha ferramenta para a conservación da democracia.
POR QUE ASOCIARSE?
As asociacións permiten aos individuos recoñecerse nas súas conviccións, perseguir activamente os seus ideais, cumprir tafefas útiles, atopar o seu posto na sociedade, facerse oir, exercer algunha influencia e provocar cambios. Ao organizarse, os cidadans dótanse de medios máis eficaces para facer chegar a súa opinión sobre os diferentes problemas da sociedade a quen toma as decisións políticas. Fortalecer as estructuras democráticas na sociedade revirte no fortalecemento de todas as institucions democráticas e contribúe á preservación da diversidade cultural.
O asociarse é libre e voluntario, ninguén pode ser obrigado a ingresar nin permanecer no seo dunha asociación. As asociacións poden establecer a súa organización dentro do marco da lei e non deben sufrir interferencia algunha por parte das administracións.
|