[ inicio ]
AVINZA        LEADER        AXUDAS        O TERRITORIO        ACTUALIDADE        LIGAZÓNS        CONTACTAR
 

PROXECTO COOPERACIÓN JÓVENES RURALES

PROXECTO COOPERACIÓN JÓVENES RURALES » JÓVENES RURALES. O Proxecto de Cooperación.
 
JÓVENES RURALES. O Proxecto

O Proxecto de Cooperación Internacional JÓVENES RURALES

          As zonas rurais son núcleos de poboación dispersos e moi heteroxéneos, onde a principal actividade económica foi a agricultura e a gandaría. Estas actividades permiten aos habitantes destas zonas manter un certo grado de autosuficiencia, a través do aproveitamento dos recursos naturais. Sen embargo, esta situación ten mudado, coincidindo coa expansión do sector industrial estas actividades comezaron a debilitarse, o que provocou un éxodo rural cara os núcleos urbanos, situación que chega aos nosos días.

        Neste contexto móvese a mocidade rural, entre a incerteza que xera a falla de perspectivas de futuro e a des motivación provocada pola des estruturación social e cultural das comunidades rurais. Ademais, atópanse nun entorno social no que son minoría, polo que resulta difícil establecer relacións entre iguais. Esta é a razón pola que a función do movemento asociativo  xuvenil nas zonas rurais sexa de vital importancia.

 

 

A presencia e implicación da xuventude rural no proceso de desenvolvemento das comunidades rurais é esencial para asegurar a súa continuidade e aportan un enorme potencial de renovación e dinamización.

 

O carácter transnacional do programa JÓVENES RURALES  xustifícase en tanto a situación no rural de moitos países de  Europa é semellante, caída do sector primario e a migración cara aos núcleos urbanos de gran parte da poboación.

 

Pero segue habendo un 20% (en España) de mozos e mozas que seguen residindo no rural e adicándose maioritaria mente aos traballos neste sector primario. Estes atópanse con serias dificultades como o relevo xeneracional, a titularidade das explotacións, a falta de innovación e modernización das mesmas… o que lle resta potencialidade a este tipo de actividade.

 

A globalización e o modelo social urbano, que os medios de comunicación propoñen como ideal, deixa aos mozos das nosas áreas rurais nunha situación precaria en canto á elección do seu futuro. Esta información recibida dende os núcleos urbanos foi, en parte, a causa dos grandes desequilibrios poboacionais de Europa, e foi dirixida nun dobre sentido:

          Cara os mozos que buscan un modelo externo, unha identidade que non lles corresponde.

          Cara os pais que ven como o futuro dos seus fillos está nunha sociedade urbana.

Pero quizais sería convinte e urxente reflexionar que non só o principal motivo do éxodo da xente nova ven motivada polos aspectos económicos senón tamén polos elementos sociais e culturais. A despobooación non debe de ser percibida como un problema sen solución, senón, máis ben, como un reto que precisa de accións concretas.

 

Neste sentido, as políticas de Desenvolvemento Rural deben iniciarse por medio da formación e sensibilización dos mozos no seu propio contorno e, máis en concreto, respecto á necesidade de reforzar o seu sentido de pertenza. De igual modo, os novos no  medio rural deben recibir mensaxes positivos orientados cara unha imperiosa necesidade de que os seus territorios están necesitados do seu concurso activo e participativo.

Unha vez máis, o asociacionismo e o intercambio de ideas convértense nas ferramentas clave para articular un proceso participativo e activo orientado a fomentar estruturas locais capaces de albergar as inquietudes dos mozos e, así, de elevar as súas propostas.  

OBXECTIVO XERAL DO PROXECTO:

 

          Xerar autoconfianza entre os mozos/as do medio rural, nas súas propias capacidades para afrontar proxectos profesionais e persoais.

 OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DIRIXIDOS AO ASOCIACIONISMO:

 

 

          Desenvolver e consolidar unha estrutura de traballo en rede que integre as asociacións de mozos existentes nos territorios participantes no Proxecto.

 

          Fomentar a participación dos mozos/as nas estruturas asociativas das localidades e do territorio e, en especial nos propios GAL/GDR.

           Propoñer procesos participativos que reforcen a interacción da poboación nova no proceso de desenvolvemento colectivo.

          Xerar na poboación local a necesidade de participar activamente nas estruturas locais.

          Fomentar a relación interxeracional entre os dous segmentos poboacionais, maiores e mozos, para acadar unha maior implicación-relación entre os dous sectores de maneira que se manteña a identidade dos municipios que interveñen no proxecto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 




LEADER 2014-2020

CONGRESO MEDIO RURAL, INNOVACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS.

I Concurso Fotográfico e de Curtas

JÓVENES RURALES

Que ves no rural?

GEOPUEBLOS

Mercado da Reserva da Biosfera

Axudas Leader

Proxectos LEADER

Cursos Realizados no Grupo AVINZA GDR-15

Actualidade do Grupo

Coñece o Territorio AVINZA

Videos e Imaxes

Xornadas Despoboamento Rural

Proxecto de cooperación AMBIEMPLÉAte.

AVINZA GDR15   |   Rúa do Portelo 4 32660 ALLARIZ (Ourense)   |   Tlf. 988442535  Fax 988442362  info@avinza-gdr15.com   |   Aviso Legal
Organismos Oficiais Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Leader Galicia 2007-2013 Consellería de Medio Rural Ministerio de Medio Ambiente... FEADER