Avinza GDR elaborou e editou un pequeno libro destinado a nenos e maiores para conciencialos sobre as grandes posibilidades que nos ofrece o mundo rural.
Que ves no rural? mostra, mediante ilustracións, o concepto de desenvolvemento e achéganos ao noso contorno, aos recursos e ás posibilidades que este nos ofrece. O libro está pensado e deseñado tanto para os máis cativos coma para os maiores.
Nun pequeno epílogo recóllese información sobre o papel dos grupos de desenvolvemento e sobre Avinza e o seu traballo.
Podedes ver o libro completo para leer ou imprimir ou descargar imaxes para colorear das súas ilustracións.
|